Romaría da música e cultura alternativas do Ribeiro.
O festival celebra este ano a súa 12ª edición nas rúas e prazas do conxunto histórico de Ribadavia. Máis de 12 horas de música ao vivo que presentarán a bandas como Guau, Oh! Ayatollah, Sara Fontán, Esteban&Manuel, Big Ok, Whales, LaBaq ou Chalo Correia entre outros. A programación complétase con actividades paralelas: O Mercado das Sementes, espazo de intercambio e difusión para empresas culturais e creativas onde ten cabida o fanzine, a moda ética, artes plásticas…, un Obradoiro de Arquitectura para crianzas e unha oferta gastronómica para todo o mundo. A entrada ao festival é mediante a doazón voluntaria de alimentos non perecedeiros e bens de hixene para crianzas.
1 de septembro. 12 h.
Ribadavia.
+ Info: arteficial.org