O festival Sinsal SON Estrella Galicia celebra este ano o cambio estacional festexando a riqueza dos sons de hoxendía en espazos singulares.
O Festival esténdese a outubro cun programa de concertos e actividades aos barrios de Alcabre e Bouzas. Dúas xornadas para un programa que discorre por sons de Galicia, Brasil, Islandia, Taiwan ou Andalucía, con bandas como Sunset Rollercoaster, 16 mm, JFDR String Quartet, Niño de Elche y Los Voluble, Castello Branco o Baiuca entre outros, permitindo adiviñar o forte abrazo entre o tradicional e a experimentación.
O día 6, dende as 13 horas ata as 18 h, o público pode participar gratuítamente nas diferentes actividades didácticas e concertos no Museo do Mar de Galicia. Tamén está prevista unha selección gastronómica con bo produto a prezos razoables. A partir das 18 comezarán os concertos de pago.
O día 7 ás 12:30 h celebraranse dous concertos nos estaleiros de Cardama e Freire, ambos no barrio de Bouzas.
Museo do Mar e Estaleiros Freire e Cardama. Vigo.
Compra aquí tu entrada con descuento y ahorra 3€!!: EntradasGo
Programa:
6 outubro
Museo do Mar de Galicia. Vigo
Concertos de acceso libre
13:00. Concerto didáctico “Raíces”. DUAS
14:00. Vudú
15:00. Sesión DJ con Viktor Flores (Sinsal /Certain Music)
16:30. Sunset Rollercoaster
Concertos de pago:
18:00. 16 mm
19:30. JFDR String Quartet
21:00. Baiuca
22:30. “En el nombre de”. Niño de Elche + Los Voluble
Sinsal obradoiros:
13:30. Sesións Do, Re, Bip, con Juanma Lodo.
14:30 e 16:30. Sistema Lupo. “Tipos lóxicos no Museo do Mar de Galicia”
7 outubro
Concertos de pago:
12:30. Castello Branco. Astilleros Cardama (Avda. de Beiramar, 12 )
12:30. María del Mar Blanco Moreno interpreta as Variacións Goldberg. Construcciones Navales Freire (Avda. de Beiramar, 18)
+ Info: Festival SinSal