Desde 2015, ICC Week é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: o labor principalmente é pór en valor sectores como o audiovisual, a industria musical, radio, novas tendencias tecnolóxicas, gastronomía, apps, videoxogos, moda e sectores nos que a creatividade é un activo e núcleo principal. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas e showcases vertebrán un programa repleto de actividades que pon en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do S. XXI. Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que converte a provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e a apertura de novos mercados.
A Ourense ICC Week terá como un dos seus eixos centrais o humor, afrontado como industria cultural e creativa. As actividades que se desenvolverán en lugares emblemáticos da provincia de Ourense, pasarán por diversos em prazamentos como a Casa Museo de Otero Pedrayo, o Teatro Principal, o Mosteiro de San Clodio ou o Centro Cultural Marcos Valcárcel, entre outros.
O humor ocupará unha posición destacada como industria cultural e creativa nesta edición da ICC Week , que acollerá unha mesa de debate coa participación de Moderna de Pueblo, Juanra Bonet, Alberto Casado e Rober Bodegas, moderados polo ourensán Manuel de Lorenzo, e que terá a súa extensión no Teatro Principal co espectáculo «Pantomima Full», o sábado 5 de maio.
Os relatores:
RAQUEL CÓRCOLES – Moderna de Pueblo é un blogue creado en 2010 por Raquel Córcoles e ao que desde 2012 se adica a tempo completo, dirixindo os contidos, como guionista e ilustradora. O seu primeiro cómic “Los Capullos No Regalan Flores”, foi publicado en Francia, Brasil, Portugal, Singapur e Malasia, e vai pola 6ª edición, con máis de 30.000 exemplares vendidos. Ademais, colabora con medios como El Jueves, Cuore, El País e GQ
JUAN RAMÓN BONET- Actor que traballou como reporteiro e presentador
en programas de televisión como Caiga Quién Caiga, El Intermedio, ou Gafapastas, e que actualmente ameniza as tardes de Antena3 presentando ¡Boom!.
ALBERTO CASADO E ROBER BODEGAS.- Os nomes de Alberto Casado e Rober Bodegas convertéronse nos últimos tempos en referentes da comedia online como «Pantomima Full». O que comezou como una serie de vídeos para promocionar os seus espectáculos, é xa un fenómeno de culto que milleiros de persoas consumen cada día en vídeos curtos compartidos no seu Facebook. Pantomima Full é unha sucesión de sketches de entre 5 e 10 minutos, nos que presentan situacións absurdas con normalidade: cracks que fixeron crack, un psiquiatra que está peor que os seus pacientes, a captura do narco máis guapo, ou dous tíos xogando a pares ou nones para ver quen empeza a dispararse nunha ruleta rusa.Un espectáculo coas risas aseguradas.
MULLERES TECH E GRACIA QUEREJETA
Ademais, a ICC Week contará na súa programación cun espazo dedicado aos novos sectores emerxentes e ás TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), no que serán protagonistas as mulleres Tech. A xornada “Unha viaxe cara a sociedade do coñecemento”. Neste encontro coa cultura dixital participarán mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade como son a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada, o mundo do Software e a Gamificación ou a Economía Colaborativa. De tal modo que, Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o que están a facer e o que está por vir nun momento de cambios como o que estamos a vivir.
Así mesmo,o presidente da Asociación Galega de Guionistas, Nico Campos, falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a dirección, achegando as vivencias do sector da manda da directora e guionista, Gracia Querejeta, que conta con numerosos premios e unha traxectoria encomiable, todo un referente no
sector audiovisual.
Nas próximas semanas a organización desvelará a totalidade dos contidos desta
edición, que xirarán arredor da literatura, o audiovisual, as tecnoloxía, o deseño ou os e-sports, entre algunha que outra sorpresa.
PROGRAMACIÓN MUSICAL
A industria musical convértese nun alicerce fundamental nesta edición. Coa finalidade abrir o abano de estilos e ofrecer unha proposta rica e variada ao público, a organización contará cunha musical do máis ecléctica e con destacados artistas do panorama musical actual: Morgan, Mikel Erentxun, Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar.
Datas e emprazamentos:
● Morgan | Teatro Principal de Ourense | 2 de maio ás 21h
● Mikel Erentxun | Teatro Principal de Ourense | 4 de maio ás 21h
● Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar DJ | Xardíns Padre
Feijoo | 5 de maio de 12h a 16h