O Mercado do Calvario acollerá, por quinto ano consecutivo un evento artistico. O Mercado da Arte, onde os banacais das peixeiras enchense un ano mais de obras artísticas de máis de 63 autores. Esta quinta edición ven cargada de calidade e novidades, combinando exposición artística e venda.
Nesta edición a programación medrou en actividades e colaboradores. Haberá dous concertos. En horario de mañan, estara o Modulador de Ondas (Vigo), un proxecto onde a música e o audioviual van unidos .
E pola tarde, o grupo encargado de facer o peche será Músculo, que aterriza no mercado do Calvario despóis de tocar en diferentes festivais de recoñecemento nacional.
Tamén cabe destacar a presenza de Franchesca da Silva co seu» Nerón o canciño que vagaba por Vigo», ou das distintas actividades para os máis pequenos como conta contos ou un obradoiro artístico da man de Papelya!.
A pintura en directo tamén terá a súa presencia, cun cadro realizado por artistas locais ó longo da xornada, o cal subastárase ó final do evento como homenaxe o espazo onde se desenrola o Mercado da Arte, unha praza de abastos.
Na pasada edición xurdiu a idea de pintar en cada edición do mercado da arte unha pequena parte da fachada exterior do mercado comezando Laura Toba con este proxecto. Este ano colle o relevo Borja Portela, un rapaz veciño de Coia que cos seus sprais pasara toda a xornada dando lle cor a esa parte dun dos edificios máis emblemáticos en pé da cidade olivica.
E coma sempre presentación de libros de autoedición. non poden faltar. Todo isto acompañado dun rico xantar, a cargo do Tinta Negra.
O MERCADO DA ARTE pouco a pouco estase a converter nun referente cultural , nunha cidade con gañas de coñecer e de ensinar. Ademais dunha cita importante para galeristas onde poden coñecer as obras de novos artistas emerxentes.
Este ano esta adicado a Miguel Vazquez, o artista mais recoñecido da escultura ceramica galega. Adicado por que a súa traxectoría o merece, por que a maioría dos expositores levan un anaquiño de Miguel na súa obra.
Mercado Calvario. Rúa de Urzáiz, 183. Vigo.