Recoñecemento e posta en valor da cultura galega, especialmente do universo infantil a través da música feita para as crianzas, coa espranza de que sexan as e os artistas do mañá. Deixan atrás dúas edicións cargadas de diversión, ilusión e grandes referentes no noso panorama musical. Este ano contará coas actuacións de Chuches a mil, Paco Nogueiras, María FumaÇa ou BB circus.