Chega a Vigo a segunda edición do PLIS PLAS FESTIVAL, un festival urbano multidisciplinar adicado ás crianzas para reivindicar os plans de lecer en familia e a calidade dos mesmos. Espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, contacontos, xogos, mercadillo… e unha grande cantidade de actividades gratuítas e propostas de calidade e respectuosas coa infancia.
PLIS PLAS FESTIVAL é unha iniciativa de Plis Plas, la guia de los niños e a Escola de Música Mundo Sonoro, dous emprendementos que se fusionan para xerar un festival adicado ao seu público máis concreto: as crianzas e a suas familias.
Sábado 12 e domingo 13 de 12 a 20 h.
Rúa As Teixugueiras, 28 a 22, Pau de Navia. Vigo