Sinsal Son Estrella Galicia, festival na Illa de San Simón de Redondela.
O festival Sinsal presenta a súa décima edición dende aquela primeira experiencia dun só día en 2010 con Ariel Pink. O festival consolida os catro días de duración despois de incorporar progresivamente o xoves ao evento durante os dous últimos anos. Cartel secreto, respecto polo medio ambiente e destaque do patrimonio natural e histórico da contorna volverán ser os rasgos distintivos desta edición. Un festival de música localizado nunha illa á que só se pode chegar en barco, con cartel secreto, diurno e con aforo limitado a 800 persoas por día. Con quince países representados nos vinte concertos que forman o cartel, Sinsal SON Estrella Galicia procurará de novo ser escenario de diversidade, de bandas que nunca tocaron en Galicia e de moitas sorpresas.
Do 25 ao 28 de xullo
Illa de San Simón, Redondela.