4 días, 1 barco, auga..
Volve o festival do cartel secreto á Illa de San Simón.
O festival desenvolverase en xullo sen anunciar artistas, como é marca do evento, e con 4 días de duración, en vez dos 3 habituais. Un cartel no que a maioría dos artistas actuarán en Galicia por primeira vez, con propostas chegadas de puntos xeográficos distantes. En 2017 participaron artistas como Fantastic Negrito, María Arnal i Marcel Bagés, Melange, Pixvae, Orchestra of Spheres, Filho da Mãe, Bombino, Holly Macve, Anna Meredith, Amorante, Linda Guilala, Neboa, Of Montreal… entre otros. Nesta edición Sinsal quere volver crear ese espazo na illa para o son dos nosos días, sempre recurrindo a algúns nomes emerxentes e co traballo das mulleres artistas.
Sinsal é un modelo de festival de formato pequeno, diurno e co aforo marcado polo espazo no que se celebra, unha xoia patrimonial e paisaxística con declaración de ben de interés cultural. Un festival sostible, respectuoso e consciente da enorme fortuna que supón poder convocar música, paisaxe, historia e público nun territorio único como é San Simón.