A ESADg é un dos poucos centros do Estado que conta con 5 itinerarios no campo da creación escénica, como son escenografía, dirección escénica, dramaturxia, interpretación textual, e interpretación xestual, o que permite que cada persoa poida construír o seu propio percorrido formativo e participar nos proxectos integrados de creación que todos os anos converten o centro nun gran laboratorio teatral aberto a todo tipo de públicos.
En maio, ábrase o prazo de inscrición para as probas de Acceso 2018/19 nas especialidades de Escenografía (12 prazas), Dirección escénica e dramaturxia (12 prazas) e Interpretación (24 prazas). A inscrición poderá realizarse ata o día 18 de xuño, e as probas comezarán o día 26 de xuño, segundo un calendario que se publicará na páxina web unha vez finalizado o período de inscrición.
+ Info: www.esadgalicia.com